Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación da concesión mineira Pedroso número 2843, concello de Rodeiro (Pontevedra), promovido por Canteras de Lalín, S.L. (clave 2014/0036).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 10 de novembro de 2015 relativo ao proxecto de ampliación da concesión mineira Pedroso nº 2843, concello de Rodeiro (Pontevedra), promovido por Canteras de Lalín.

Este informe declaración de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental