Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto adoptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcurrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.
A Coruña, 20 de novembro de 2015
Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Desafiuzamento: 14/15.
Interesado: Eliseo Monteiro Vargas.
Acto notificado: acordo de iniciación do procedemento de desafiuzamento por non ocupación e falta de pagamento.