Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 23 de novembro de 2015 polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), logo dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Os actos administrativos derivan do procedemento de axudas aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa (IN421G), cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 .

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Enerxético de Galicia situada na rúa Avelino Pousa Antelo, núm. 5 (San Lázaro), en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Código de solicitude

Interesado/a

Acto administrativo que se notifica

IN421G/15R2776

Luis Salceda Gómez

Último requirimento xustificación axuda

IN421G/15R6827

María Celeste Alonso Sobral

Último requirimento xustificación axuda

IN421G/15R7489

Carlos Penide Domínguez

Último requirimento xustificación axuda

IN421G/15R714

Miguel Ángel Martínez Fernández

Requirimento de emenda de defectos na solicitude

IN421G/15R1736

David Otero Vázquez

Requirimento de emenda de defectos na solicitude