Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46000

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 24 de novembro de 2015 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación de cinco titulados superiores e catro técnicos de formación profesional-grao superior, polo procedemento de concurso, ao abeiro das axudas concedidas segundo a Resolución do 12 de xaneiro de 2015, da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se aproba a convocatoria, correspondente ao ano 2014, das axudas para a promoción do emprego xove e a implantación da garantía xuvenil en I+D+i no Subprograma estatal de incorporación, do Programa estatal de promoción do talento e a súa empregabilidade, no marco do Plan estatal de investigación científica e técnica e de innovación 2013-2016.

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web (http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/) aparecen integramente publicadas as bases do proceso selectivo para a contratación de cinco titulados superiores e catro técnicos de formación profesional-grao superior, polo procedimento de concurso, ao abeiro das axudas concedidas ao Ingacal segundo a Resolución do 12 de xaneiro de 2015, da Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que se aproba a convocatoria, correspondente ao ano 2014, das axudas para a promoción do emprego xove e a implantación da garantía xuvenil en I+D+i no Subprograma estatal de incorporación, do Programa estatal de promoción do talento e a súa empregabilidade, no marco do Plan estatal de investigación científica e técnica e de innovación 2013-2016.

O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria