Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2015/210-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT SDM-704 derivada al CT Salgueira.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 895 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo que se realizará no apoio nº 18 da LMT SDM-704, entre a derivada (que se retirará) aos centros de transformación Campelos e Salgueira e a derivada ao centro de transformación Samper II, e final no centro de transformación Salgueira, despois de facer entrada e saída no novo centro de transformación Campelos. A instalación está situada na zona de Salgueira, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra