Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2015 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos PA 30-2015 e PN 65-2015.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en municipios da Comunidade Autónoma galega, polo procedemento aberto e tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 30-2015.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en municipios da Comunidade Autónoma galega.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 1.100.000 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

Lote 1: A Coruña.

a) Data: 14.10.2015.

b) Contratista: Caser Residencial, S.A.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 343.500 € (IVE incluído).

Lote 2: A Guarda.

a) Data: 14.10.2015.

b) Contratista: Centro de Maiores Bardella, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 303.654 € (IVE incluído).

Lote 2: Pazos de Borbén.

a) Data: 14.10.2015.

b) Contratista: Rapesúa, S.L. (Residencia Mi Casa).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 204.817,60 € (IVE incluído).

2. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de 10 prazas de atención diúrna terapéutica e 15 prazas de atención diúrna terapéutica en réxime de media estadía para persoas con discapacidade física, no concello de Lugo e coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), polo procedemento negociado sen publicidade e exclusividade.

2.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PN 65-2015.

2.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de 10 prazas de atención diúrna terapéutica e 15 prazas de atención diúrna terapéutica en réxime de media estadía para persoas con discapacidade física, no concello de Lugo e coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami).

2.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

2.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 340.840 € (exento IVE).

2.5. Formalización:

a) Data: 9.11.2015.

b) Contratista: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 317.820 € (exento IVE).

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2015

P.D. (Orde 19.8.2009, disposición adicional 6ª Decreto 129/2015, do 8 de outubro)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social