Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/99-2, 8292 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: modificación do trazado LMTS-LP sector 7, tramos Armanyá (3219), praza Abastos 2 (3206), Santo Domingo 24 (1325).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV en canalización existente e proxectada (16 metros) con orixe no centro de transformación praza Abastos, 2 (3206) e final dun circuíto no centro de transformación Armanyá (3219), e o outro circuíto no centro de transformación Santo Domingo 24 (1325), cunha lonxitude de 400 metros en condutor RHZ1-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 9 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo