De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial de Lugo do IGVS, edificio administrativo sito na avenida Ramón Ferreiro 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Lugo, 6 de novembro de 2015
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: E.S. LU-42/2013.
Interesado: Juan José Iglesias Rego.
Último enderezo coñecido: rúa Torrente Ballester, 3, 4º esq., A Coruña.
Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.