Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da obra de construción dun centro de saúde no Outeiro-Pontedeva (Ourense) (expediente AB-SER3-15-009).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-15-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: contratación da obra de construción dun centro de saúde no Outeiro-Pontedeva (Ourense).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45215100.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 107, do 9.6.2015, na web do Sergas e na plataforma de contratos de Galicia o 9.6.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 693.193,49 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 693.193,49 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 838.764,12 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de novembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 13 de novembro de 2015.

c) Contratista: Misturas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 586.996 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 710.265,16 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. Poden verse os informes de valoración publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2015

P.S. (Acordo 11.11.2015)
Manuel José López López
Subdirector xeral de Orzamentos