Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015027AL-PO, incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

O 23 de outubro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2015027AL-PO, incoado a José Luis Vázquez Losada, como titular do establecemento O Paraíso.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Luis Vázquez Losada o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, BBVA transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou en http://www.cistec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 12 de novembro de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015027AL-PO.

Denunciado: José Luis Vázquez Losada, con NIF 36007214R, como titular do establecemento O Paraíso.

Último enderezo coñecido: rúa Urzáiz, 181, 36205 Vigo.

Feito imputado: infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Precepto infrinxido: artigo 17.1 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, créase a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafo 10 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: cento cincuenta euros (150,00 €). Tamén se acorda o comiso e a destrución dos produtos intervidos cautelarmente na data do 17.12.2014, segundo o acordo número IC 67/14 MIN.