De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), despois dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Os actos administrativos derivan do procedemento de axudas aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa (IN421G) cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Enerxético de Galicia situada na rúa Avelino Pousa Antelo, número 5 (San Lázaro), en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015
Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia
ANEXO
Código de solicitude |
Interesado/a |
Acto administrativo que se notifica |
IN421G/15R2776 |
Luis Salceda Gómez |
Último requirimento xustificación axuda |
IN421G/15R6827 |
María Celeste Alonso Sobral |
Último requirimento xustificación axuda |
IN421G/15R7489 |
Carlos Penide Domínguez |
Último requirimento xustificación axuda |
IN421G/15R714 |
Miguel Ángel Martínez Fernández |
Requirimento de emenda de defectos na solicitude |
IN421G/15R1736 |
David Otero Vázquez |
Requirimento de emenda de defectos na solicitude |