Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2015/546-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España-Acuaes.

Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4º andar, 28003 Madrid.

Denominación: LMT, CS e CT de 160 kVA para tanque tormentas Xubia.

Situación: Xubia-Narón.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada, con inicio na liña soterrada existente CRN707A entre os centros 15CDCW e o centro 15CWZ6, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, 472 m de lonxitude, e remate no centro de seccionamento proxectado.

– Centro de seccionamento en edificio de obra civil compartido co centro de transformación. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interruptores-seccionadores (24 kV, 400 A, 25 kA).

– Centro de transformación anexo ao CS con celas prefabricadas de seccionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 25 kA) e un transformador de 160 kVA, refrixeración natural seco e relación 15-20 kV/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 25 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña