Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cualedro (expediente IN407A 2015/59-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Montes (cambio CT 32CJ73).

Situación: Cualedro.

Características técnicas:

– LMT aérea a 20 kV de 24 m con condutor LA-56/54.2 mm2 e orixe na LMT existente ao CT Montes 2 con remate no CT proxectado intemperie Montes de 100 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

– RBT aérea de 100 m con condutor RZ derivada do CT proxectado Montes.

– Orzamento: 21.945,95 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura na relación que se xunta.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as diligencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Ourense, 3 de novembro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO
Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Expediente: 2015/59-3.

Concello: Cualedro.

Provincia: Ourense.

LMT, CT e RBT Montes (cambio CT 32CJ73).

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

m2 aér.

1

Cortiña de Agosto

Prado

María Jesús Queimadelos Martín

Rúa Colón, nº 8, 2º, 32600 Verín (Ourense)

1

6

24

120