Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 3 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de xestión de residuos non perigosos (RNP), procedentes das obras do acceso ao porto de Burela na parroquia de Cordido, no concello de Foz, promovido pola empresa S.A. de Obras y Servicios Copasa (clave 2015/0054).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 30 de outubro de 2015 relativo ao proxecto de xestión de residuos non perigosos (RNP), procedentes das obras do acceso ao porto de Burela, na parroquia de Cordido, no concello de Foz, promovido pola empresa S.A. de Obras y Servicios COPASA (clave 2015/0054).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental