Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 20 de novembro de 2015, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia do requirimento 36R002/R/AFL/41/2015 (expediente 36R002/2209/2015).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra en Vigo, con enderezo en Praza da Estrela, s/n, 7º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 20 de novembro de 2015

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Requirimento: 36R002/R/AFL/41/2015.

Expediente: 36R002/2209/2015.

Interesada: Spnnex Europa Global Trade Company, S.L.

CIF/NIF: B56015985.

Acto notificado: requirimento de inspección.