Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015286TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de novembro de 2015, a xefa territorial da Coruña da Consellería de Sanidade ditou o acordo de inicio do expediente sancionador 2015286TA-CO, incoado a José B. Ferro Lamazares.

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a José B. Ferro Lamazares o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a Xefatura Territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na rúa Durán Loriga 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 16 de novembro de 2015

P.A. (Art. 19.3 Decreto 41/2013, do 21 de febreiro,
modificado polo Decreto 33/2014)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 2015286TA-CO.

Interesado: José B. Ferro Lamazares (Café Bar Trébol).

DNI/NIF/CIF: 33811002J.

Último enderezo coñecido: avenida Joaquín Planells 61,15008 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 676 €.