Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2015 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, dos servizos de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos desta consellería en distintos certames feirais que se van realizar no ano 2016, 3 lotes, actuación cofinanciada en parte polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), nun 75 %, contratación documentalmente simplificada (expediente 2/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Consellería do Mar en distintos certames feirais que se van realizar no ano 2016.

c) División por lotes e número: 3 lotes.

Lote 1: Fish Internacional, Bremen (do 14 ao 16 de febreiro); Seafood Expo North America, Boston 2016 (do 6 ao 8 de marzo); Seafoood Expo Global, Bruxelas (do 26 ao 28 de abril).

Lote 2: Salón Gourmets, Madrid (do 4 ao 7 de abril); Alimentaria, Barcelona (do 25 ao 28 de abril); Sial, París (do 16 ao 20 de outubro).

Lote 3: Xantar, Ourense (do 3 ao 7 de febreiro); Navalia, Vigo (24 ao 26 de maio); Salimat, Silleda (do 9 ao 12 de xuño); Conxemar, Vigo (previsiblemente en outubro); Cabo Verde (datas sen determinar, posiblemente en outubro-novembro); Femaga, A Coruña (previsiblemente en decembro).

d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do correspondente contrato e ata o 30 de decembro de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: de xuízo de valor e de aplicación de fórmulas, recollidos na letra N do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.454.400,00 €, IVE (21 %): 305.424,00 €, Importe total: 1.759.824,00 €.

Valor estimado: 1.454.400,00 €.

5. Financiamento: fondos propios e Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, segundo as porcentaxes recollidas nos pregos.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, será posible acreditar a solvencia mediante a clasificación do empresario, segundo se indica na letra H da carátula.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras I e J da carátula.

7. Garantías exixidas: definitiva (5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Enderezo: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos:

981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas).

981 54 62 61/981 54 62 93 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Enderezo da internet do perfil do contratante, onde se poderán obter os pregos relativos a esta contratación:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23673

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado, a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da consellería.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: a data e hora que se indiquen na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

P.A. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar