De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0470/2015-PPM e dous máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Terrritorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 16 de novembro de 2015
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0470/2015-PPM.
Persoa interesada: Miguel Borja Jiménez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: O Portiño, 30, baixo, A Coruña,
Expediente: PSC-CO-0471/2015-ORS.
Persoa interesada: Francisco Javier García Vilar.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Río Listres, 8, Aguiño-Ribeira.
Expediente: PSC-CO-0478/2015-PPM.
Persoa interesada: Iván Carreño Otero.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Luis Cadarso, 9, Noia.