Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0393/2015-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0393/2015-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

A Coruña, 16 de novembro de 2015

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0393/2015-PPM.

Persoa interesada: Francisco Costas Rodríguez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Casanova, 37, 3º esq., A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0397/2015-PPM.

Persoa interesada: Alberto Neira Sabio.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Disciplina, 8, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0309/2015-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Villa Gómez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: O Portiño, s/n, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0373/2015-PRE.

Persoa interesada: Juan Manuel Chans Cao.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Xuncal, 4, 1º D, Oleiros.

Expediente: PSC-CO-0394/2015-PPM.

Persoa interesada: Soledad Domínguez Busto.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Aba-Dexo, 23 Oleiros.