De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación sen que puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte a publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rolda da Muralla, nº 70.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 16 de novembro de 2015
José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: SAN-LU-0126/2015-IA.
Interesado: Luis Castiñeira Maira.
Acto notificado: incoación.