Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 1 de decembro de 2015 Páx. 45330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Mª del Carmen Antas Ramos, Carlos Constantino Suárez Piñeiro, Luisa Fernanda Casas López, Azucena de Pedro Barral, Carmen Franco Romero e Berta Paula González de Lema Malvar.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 321/2015 (procedemento abreviado), interposto por Mª del Carmen Antas Ramos, Carlos Constantino Suárez Piñeiro, Luisa Fernanda Casas López, Azucena de Pedro Barral, Carmen Franco Romero e Berta Paula González de Lema Malvar fronte á resolución presunta da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, desestimatoria do recurso de alzada interposto o 17 de abril de 2015 contra a Resolución do 20 de xaneiro de 2015 pola que se convoca un proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo na Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, mediante contratación laboral fixa, e se nomean os membros dos tribunais (DOG núm. 56, do 24 de marzo) (categoría: médico xeral).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos