De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro), notifícaselles aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 20 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (IN407A 2015/016-1).
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 16 de novembro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/016-1
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.
Denominación: centro de seccionamento da Barreira.
Concello: A Laracha
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Predios |
Propietarios/as |
Afeccións |
|||||||||
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Nome e |
Apoio |
Servidume de voo |
Centro de seccionamento |
Servidume subterránea |
||||
Nº |
Superf. (m²) |
ml aér. |
Superf. (m²) |
Superf. (m²) |
Servidume de acceso a CS (m²) |
ml subt. |
Superf. (m²) |
||||
4 |
Chousa Vella |
Monte alto |
Descoñecido |
23 |
10 |
59 |
117 |