Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45056

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de novembro de 2015 pola que se publica a concesión dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2014/15, convocados pola Orde do 24 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 21 de agosto).

A Orde do 24 de xullo de 2015 (DOG do 21 de agosto) pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2014/15, establece no seu artigo 12.2 que, o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita pola comisión ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia que recollerá a relación de códigos alfanuméricos dos premiados.

Unha vez publicada a relación provisional da proposta, dado cumprimento ao disposto no citado artigo 12.2, vista a acta coa proposta definitiva da comisión de selección de adxudicación dos premios e por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2014/15, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Esta orde de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Premios de educación secundaria obrigatoria
ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2014/15

Código persoal

ZS8C85FY

ZEMLX50B

LPNNWKQP

0S6LKEI2

K5ZYXHQ0

79EZQEXN

B3BNSXUO

YFYBCMI6

WTR0L6QJ

IJ698TSL

06XVQEGL

1KE6MGCC

99KL5YMR

7QK131HW

BEHMELLE

0F0ZFVI5

8IBBG76Q

33LVS1M5

TJWHYS3S

BWRKOPPJ