Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45098

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (600/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 600/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Morquecho Sarasquete contra o Fogasa, Biango Ocio, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza número 320, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza:

En Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 600/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Eva Morquecho Sarasquete, asistida pola letrada Ángeles Cancela Regueiro, contra Biango Ocio, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Bitango Ocio, S.L. a aboar á demandante 5.924,36 euros máis os xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno o Fogasa a avirse a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada-xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bitango Ocio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2015

A secretaria xudicial