Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45162

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo do deseño e execución dun programa de prevención do consumo de drogas en espazos públicos de ocio nocturno e de botellón para o ano 2015 (expediente AB-CON1-15-011).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-15-011.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo do deseño e execución dun programa de prevención do consumo de drogas en espazos públicos de ocio nocturno e de botellón para o ano 2015.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 80561000-4.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 50.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 50.000 euros. Importe total: 60.500 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15.10.2015.

b) Data de formalización do contrato: 23.10.2015.

c) Contratista: Alborada.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 42.250 euros. Importe total: 42.250 euros.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos