Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45159

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Julia González Otero.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo tramítase o recurso 274/2015-B (procedemento abreviado), interposto por Julia González Otero contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 1 de xuño de 2015 (DOG núm. 106, do 8 de xuño), pola que se publican as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos (categoría: pinche).

A recorrente discrepa da puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos