Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44877

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2015 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG107.2014.1.155 e dous máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Advírteselles aos interesados de que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG107.2014.1.155

González González, Eva

Axudas a proxectos de creación de pemes ou de realización de investimentos en pemes novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Galicia Emprende) (Resolución do 5 de decembro de 2013, DOG núm. 238, do 13 de decembro)

30.7.2015

Director da Área de Competitividade

Resolución de arquivo

AV/0868

Dominus Fish, S.L.

Avais do Igape para facilitar o acceso a financiamento destinado á actividade exportadora (Programa Re-Export) (Resolución do 13 de maio de 2013, DOG núm. 93, do 16 de maio)

23.6.2015

Director da Área de Financiamento

Resolución de arquivo

AV/0871

Distribuciones Albarro 2006, S.L.U.

Avais do Igape para facilitar o acceso a financiamento destinado á actividade exportadora (Programa Re-Export) (Resolución do 13 de maio de 2013, DOG núm. 93, do 16 de maio)

23.6.2015

Director da Área de Financiamento

Resolución de arquivo