Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44807

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e na disposición derradeira primeira da Orde do 13 de outubro de 2015 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 199, do 19 de outubro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Orde do 13 de outubro de 2015 (DOG núm. 199, do 19 de outubro).

A lista provisional de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es.

A lista provisional de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos dispoñerán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán excluídos definitivamente.

Así mesmo, os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos dispoñerán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

A Estrada, 23 de novembro de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Nome

Clave

Alleres Pérez, Esteban

2

Álvarez Fernández, Alejandro

2

Bobillo Vilarchao, Gonzalo

2

Calviño Blanco, José Jorge

2

Carril Comesaña, Roberto

2

Esperón Muíños, José Manuel

2 e 3

García Pousada, Abel

2

Garrido Blanco, José María

2 e 3

González Pidre, Manuel

2

Millares Andión, Javier

1 e 2

Novoa Blanco, José Sindo

1 e 2

Penas Franco, Francisco Javier

1 e 2

Rodrigues de Oliveira, José Antonio

2 e 3

Rodríguez Enríquez, Olegario

2

Rodríguez Multa, José Ricardo

2

Senra Lorenzo, Rafael

2

Código

Descrición

1

Non achega xustificante do pagamento da taxa correspondente

2

Non achega certificado de penais

3

Non achega fotografías tamaño carné