Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44897

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir postos de traballo excluído de convenio colectivo mediante contrato de interinidade:

– 1 praza de xefe/a de División de Proxectos, concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo na Praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de dez (10) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este rematará o seguinte día hábil.

Vigo, 20 de novembro de 2015

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo