Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece que as notificacións que non fose posible practicar se farán por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que constan no anexo, mediante este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia deste.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 17 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (comercio)

Expediente

Acto

Concello

Mariana Paz Carnero (Anamariana)

PO-82/2015

Inicio

Cangas

María Dolores Míguez Estévez (Calzados Caribe)

PO-70/2015

Inicio

Vigo

Constante Álvarez Osorno (Lira)

PO-67/2015

Inicio

Vigo

E-Moda Náutica España, S.L.

PO-11/2015

Proposta de resolución

Pontevedra

E-Moda Náutica España, S.L.

PO-12/2015

Proposta de resolución

Pontevedra

El Botón de la Rana, C.B. (La Rana de Pepito)

PO-72/2015

Inicio

Vigo

El Botón de la Rana, C.B. (La Rana de Pepito)

PO-71/2015

Inicio

Vigo

Ángela Schiavetta (Natura)

PO-39/2015

Proposta de resolución

Vigo

Lucía Fernández Ferradans (Arcoiris)

PO-62/2015

Inicio

Redondela