Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44676

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., para o ano 2015.

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade da encomenda de xestión da Secretaría Xeral de Medios á sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para o ano 2015, coas seguintes características:

– Actividade: programa de investimentos necesarios para a xestión do equipamento electrónico e mellora da rede de titularidade pública autonómica de difusión da televisión dixital en 2015.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intrasubxectiva ao ter a sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. a consideración de medio propio instrumental e servizo técnico da Administración da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no Decreto 352/2009, do 2 de xullo (DOG núm. 140, do 20 de xullo).

– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2015.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios