Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Olga Souto Rodríguez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra tramítase o recurso 210/2015 (procedemento abreviado), interposto por María Olga Souto Rodríguez fronte á Resolución do 25 de marzo de 2015 (DOG núm. 61, do 31 de marzo) da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (categoría: técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía).

A recorrente discrepa da puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos