Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 16 de novembro de 2015, da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de arbitraxe 36R002/3250/2013.

De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema Arbitral de Consumo, no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na praza da Estrela s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 16 de novembro de 2015

P.D.
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36R002-3250-2013.

Interesada: Tintonosa, S.L. (Tintorería Pressto).

CIF/NIF: B-27763671.

Acto notificado: Laudo arbitral do 21 de xullo de 2013.