Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2014302TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 23 de setembro de 2015, a conselleira de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2014302TA-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Manuel Sartal Rodríguez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Manuel Sartal Rodríguez o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2015

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2014302TA-PO.

Denunciado: Manuel Sartal Rodríguez.

Documento de identificación: 35306999K.

Último enderezo coñecido: rúa Sagasta, 10, baixo, 36640 Pontecesures (Pontevedra).

Feito imputado: infracción da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro).

Precepto infrinxido: artigo 7.u).

Tipificación: grave, segundo o artigo 19.3.b).

Sanción imposta: seiscentos un euros (601 €).

Resolución: desestimatoria do recurso.