Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto, tramitación urxente e anticipada de gasto, plurianual e documentalmente simplificada, para a contratación de servizos de lavandaría de roupa plana de dous centros e servizos de limpeza en centros dependentes desta xefatura territorial.

Esta Xefatura Territorial de Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación dos contratos que a seguir se relacionan:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36201.

4º. Teléfono: 986 81 77 25 e 986 81 76 46.

5º. Fax: 986 81 76 83.

6º. Correo electrónico: xefaturapoliticasocial.vigo@xunta.es.

7º. Perfil do contratista: http://www.contratosdegalicia.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 3 expedientes que, a seguir, se relacionan.

2. Obxecto dos contratos:

a) Tipo: servizos.

b) División por lotes: expediente I: si e expedientes II e III: non.

c) Admisión de variantes: non.

d) Requisitos específicos do contratista: non.

e) Clasificación empresarial: non se exixe.

f) Solvencia económica-financeira e técnica-profesional: son as establecidas nos artigos 75.1.a) e 78.1 a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Descrición de cada un dos expedientes:

I. Expediente nº 83/2015: lavandaría de roupa plana no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD Vigo-1) e Centro de Atención a Persoas con Discapacidade en Redondela (CAPD).

Lote 1: (CRAPD Vigo-1).

a) Lugar de execución: Monte Arieiro, s/n, 36214 Vigo (Pontevedra).

b) Orzamento base de licitación: 310.752,00 € (IVE 21 %: 65.257,92 €), total: 376.009,92 €.

c) Prazo de execución: 2 anos (1 de xaneiro de 2016 ata o 31 de decembro de 2017).

d) Admisión de prórroga: si, por período de igual duración.

e) CPA: 96.01.19. CPV: 98311000-6 servizos de lavandaría.

Lote 2: (CAPD).

a) Lugar de execución: Camiño do Gaio, 23 (Parada-Chapela), 36320 Redondela (Pontevedra).

b) Orzamento base de licitación: 50.400,00 € (IVE 21 %: 10.584,00 €), total: 60.984,00 €.

c) Prazo de execución: 2 anos (1 de xaneiro de 2016 ata o 31 de decembro de 2017).

d) Admisión de prórroga: si, por período de igual duración.

e) CPA: 96.01.19. CPV: 98311000-6 servizos de lavandaría.

II. Expediente nº 84/2015: limpeza no Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes en Vigo.

a) Lugar de execución: Monte Arieiro, s/n, 36214 Vigo e estrada Vigo-Madrid (Meixoeiro) 36214 Vigo (Pontevedra).

b) Orzamento base de licitación: 201.321,00 € (IVE 21 %: 42.277,41 €), total: 243.598,41 €.

c) Prazo de execución: 18 meses (do 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de xuño de 2017).

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPA: 81.21.10. CPV: 90911200-8 servizos de limpeza de edificios.

III. Expediente nº 85/2015: limpeza na Residencia de Maiores de Campolongo.

a) Lugar de execución: avenida Fernández Ladreda, 26, 36003 Pontevedra.

b) Orzamento base de licitación: 160.000,00 € (IVE 21 %: 33.600,00 €), total: 193.600,00 €.

c) Prazo de execución: 2 anos (2016 e 2017).

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPA: 81.21.10. CPV: 90911200-8 servizos de limpeza de edificios.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Garantías exixidas: provisional, non. Definitiva, 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

5. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o seguinte ao de publicación deste anuncio.

b) Modalidade de presentación: sobres pechados e selados, segundo o establecido no punto 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), aberto de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas, e sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

As propostas tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión, xustificando a data e a hora da admisión do envío e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo, mediante fax, telegrama ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das propostas.

6. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, nunha das salas de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e á data que será anunciada con tres días de antelación, no perfil do contratista.

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra).

7. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 19 de novembro de 2015

María Rita Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo