Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se acorda a iniciación do expediente sancionador IN 635-C 2015/139-1 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmase aos interesados que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 23 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 635-C 2015/139-1.

Interesada: Sayáns Pazos, S.L.

CIF: B70283098.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Boiro.

Expediente: IN 635-C 2015/138-1.

Persoa interesada: Técnicos en Climatización, Mantemento e Instalacións, S.L.

CIF: B70021241.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Cambre.

Expediente: IN 635-C 2015/137-1.

Persoa interesada: Energía y Servicios Energéticos Plus, S.A.

CIF: A70281217.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Santiago de Compostela.

Expediente: IN 635-C 2015/136-1.

Persoa interesada: Montajes Biermar, S.L.

CIF: J70178785.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Culleredo.

Expediente: IN 635-C 2015/144-1.

Persoa interesada: Coruñesa de Ahorro Energético, S.L.U.

CIF: B15567167.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Oroso.