Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44535

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 8 de outubro de 2015 pola que se convocan para o ano 2015 as subvencións a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2015, a través da Resolución do 8 de outubro de 2015 (DOG núm. 194, de 9 de outubro), subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade a través dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

b) Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B).

A partida orzamentaria con cargo a que se financian estas subvencións ten un cofinanciamento do 80 % dos fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020.

O artigo 10 da Resolución do 8 de outubro de 2015 establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes e indica que a presentación das solicitudes se realizará unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Así mesmo, no punto 3 do artigo 10, determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro de dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 12 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, o órgano instrutor requirirá as entidades solicitantes para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

Así mesmo, tamén se indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59, 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, os citados requirimentos de emenda poderanse facer ben a través de notificación individualizada ben mediante publicación no Diario Oficial de Galicia ou na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade, a cal producirá os mesmos efectos que a devandita notificación.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.es ou dos teléfonos indicados no artigo 25 da resolución de convocatoria (conciliación: 981 54 53 12; promoción e prevención: 981 54 73 97; CIM: 981 54 53 74).

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2015

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Relación de solicitudes suxeitas a emenda:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

Nª expte.

SI435B

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2015/035

Agrupación dos Concellos de Avión e Melón

P3200500A

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Anexo III: punto 1 (no caso de imputar gastos de persoal non contratado especificamente, indicar as circunstancias que o xustifican), punto 7 (faltan os datos).
3. O convenio de colaboración debe ter por obxecto a xestión compartida da medida Banco de tempo.
4. Na memoria de aforro de custos deben ampliar a información cuantitativa incluíndo os gastos de persoal.

2015/016

Agrupación dos Concellos de Mondoñedo e Riotorto

P2703000F

1. Anexo III: punto 1 (falta descrición da acción, sistema de selección e preferencia, metodoloxía), punto 2 (falta sistema de organización, xestión e seguimento realizado pola persoa responsable do Concello), punto 3 ( deben indicar nº de persoas que executan a actividade, dedicación horaria, funcións de cada unha delas...), punto 5 (faltan os datos), punto 8 (completar epígrafe de actividades realizadas, de ser o caso).
2. Falta a copia do convenio de colaboración.
3. Falta a memoria de aforro de custos.

2015/006

Agrupación dos Concellos de Vilasantar e Sobrado

P1509100B

1. Aclarar o nome da medida.
2. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
3. Anexo III: punto 1 (aclarar duración e horario), punto 5 (falta a situación laboral dun dos proxenitores).

2015/029

Concello de Alfoz

P2700200E

1. Falta o anexo III, presentar asinado e debidamente cuberto en todas as súas epígrafes e con todas as indicacións recollidas en cada unha delas.

2015/048

Concello de Aranga

P1500300G

1. Falta a xustificación de ter presentado a solicitude da validación da medida de conciliación «Pola igualdade» nos prazos indicados no artigo 6.4 das bases reguladoras da convocatoria.
2. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
3. Achegar declaración dos ingresos obtidos e/ou previstos pola medida de conciliación.
4. Anexo II: debe estar debidamente asinado.
5. Anexo III: debe estar debidamente asinado, punto 5 (o nº de participantes refírese a menores e a situación laboral a un dos proxenitores), punto 7 (deben incluír unicamente os gastos de actividades dirixidas a menores).

2015/041

Concello de Cabanas

P1501500A

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.

2015/046

Concello de Carral

P1502100I

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Achegar declaración dos ingresos obtidos e/ou previstos pola medida de conciliación.
3. Anexo III: punto 1 (no caso de persoal non contratado especificamente, indicar as circunstancias que o xustifican).

2015/002

Concello de Cerdedo

P3601100E

1. Aclarar o nome da medida.
2. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
3. Achegar declaración dos ingresos obtidos e/ou previstos pola medida de conciliación.

2015/040

Concello de Coles

P3202700E

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Anexo III: punto 3 (falta indicar nº de persoas que executan a actividade, categoría, dedicación horaria, funcións de cada unha delas...), punto 5 (o nº de participantes refírese a menores e a situación laboral a un dos proxenitores), punto 7 (deben incluír unicamente os gastos de actividades dirixidas a menores).

2015/001

Concello de Dodro

P1503300D

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Anexo III: punto 5 (o nº de proxenitores non pode superar o nº de menores), punto 8 (as actividades deben referirse aos anos 2013 e 2014).

2015/033

Concello de Esgos

P3203200E

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Anexo III: punto 1 (detallar actividades e metodoloxía empregada), punto 3 (especificar as funcións da monitoración e a dedicación horaria do persoal).

2015/043

Concello de Guitiriz

P2702200C

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Anexo III: punto 1 (deben ampliar as accións realizadas, indicar a idade dos/as menores e, no caso de persoal non contratado especificamente, as circunstancias que o xustifican), punto 3 (indicar nº de persoas que executan a actividade, categoría, dedicación horaria, funcións de cada unha delas...), punto 5 (discrepancia entre o nº total de proxenitores que melloraron a súa situación persoal ou laboral e o nº total de proxenitores indicado na situación laboral).

2015/038

Concello de Lousame

P1504300C

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Achegar declaración dos ingresos obtidos e/ou previstos pola medida de conciliación.
3. Anexo III: debe estar debidamente asinado.

2015/011

Concello de Mazaricos

P1504600F

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Anexo II: debe estar debidamente asinado.
3. Anexo III: debe estar debidamente asinado, punto 3 (indicar nº de persoas contratadas, dedicación horaria, funcións de cada unha delas...), punto 7 (faltan os datos).

2015/023

Concello de Mugardos

P1505200D

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Achegar declaración dos ingresos obtidos e/ou previstos pola medida de conciliación.
3. Anexo III: punto 1 (falta sistema de selección e preferencia), punto 7 (falta a vinculación e o período de realización).

2015/022

Concello de Negreira

P1505700C

1. Anexo III: punto 1 (falta o sistema de selección e preferencia), punto 2 (falta sistema de organización, xestión e seguimento realizado pola persoa responsable do concello), punto 3 ( deben indicar nº de persoas que executan a actividade, dedicación horaria, funcións de cada unha delas...), punto 6 (faltan os datos).

2015/036

Concello de Oímbra

P3205400I

1. Anexo III: punto 1 (falta indicar sistema de selección e preferencia, duración, horario e metodoloxía e, no caso de persoal non contratado especificamente, as circunstancias que o xustifican), punto 3 (falta dedicación horaria, funcións, tipo de vinculación...).

2015/039

Concello de Ortigueira

P1506200C

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Achegar declaración dos ingresos obtidos e/ou previstos pola medida de conciliación.
3. Anexo III: punto 1 (respecto do persoal externo, falta nº de persoas e as súas funcións), punto 5 (faltan os datos).

2015/009

Concello de Ourense

P3205500F

1. Falta a acreditación da representación para asinar a solicitude.
2. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
3. Anexo III: punto 5 (falta a situación laboral dun dos proxenitores).

2015/028

Concello de Palas de Rei

P2704000E

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Anexo III: aclarar discrepancia no nº de menores participantes que existe entre as distintas epígrafes, punto 1 (respecto do persoal non contratado especificamente, falta indicar as circunstancias que o xustifican).

2015/034

Concello de Ponteareas

P3604200J

1. Falta o anexo II, presentar debidamente cuberto e asinado.
2. Falta o anexo III, presentar asinado e debidamente cuberto en todas as súas epígrafes e con todas as indicacións recollidas en cada unha delas.

2015/026

Concello de Pontedeume

P1507000F

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Anexo III: punto 1 (falta detallar actividades), punto 3 (respecto do persoal externo falta nº de persoas e as súas funcións), punto 5 (o nº de participantes refírese a menores e falta a situación laboral dun dos proxenitores), punto 7 (faltan os datos)

2015/021

Concello de Redondela

P3604500C

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Anexo III: punto 5 (falta a situación laboral dun dos proxenitores).

2015/025

Concello de Rianxo

P1507300J

1. Aclarar se a axuda concedida por outra Administración corresponde á medida para que se solicita esta subvención.
2. Falta o anexo II, presentar debidamente cuberto e asinado.
3. Falta o anexo III, presentar asinado e debidamente cuberto en todas as súas epígrafes e con todas as indicacións recollidas en cada unha delas.

2015/018

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

1. Falta a acreditación da representación para asinar a solicitude.
2. Aclarar a medida solicitada respecto do seu contido e dos gastos imputados.
3. Aclarar a elixibilidade dos custos directos de persoal e da tipoloxía dos outros gastos que figuran na memoria segundo o artigo 9 das bases reguladoras.
4. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
5. Anexo III: punto 1 (no caso de persoal non contratado especificamente: falta indicar as circunstancias que o xustifican), punto 3 (indicar a dedicación horaria), punto 4 (relación da tipoloxía e detalle dos outros custos directos subvencionables –artigo 9– e indirectos ), punto 5 (faltan os datos), punto 6 (faltan os datos), punto 7 (faltan os datos).

2015/008

Concello de Teo

P1508300I

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Achegar declaración dos ingresos obtidos e/ou previstos pola medida de conciliación.
3. Anexo III: falta a páxina 2, punto 1 (falta a duración da medida), punto 5 (falta a situación laboral dun dos proxenitores), punto 7 (falta o período de realización).

2015/014

Concello de Tordoia

P1508500D

1. Aclarar se a axuda concedida por outra Administración corresponde á medida para que se solicita esta subvención.
2. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
3. Anexo III: debe estar debidamente asinado, punto 1 (falta desenvolver os contidos exixidos), punto 3 (deben indicar nº de persoas contratadas, dedicación horaria, funcións de cada unha delas...), punto 6 (faltan os datos), punto 7 (faltan os datos).

2015/013

Concello de Valga

P3605600J

1. Anexo III: debe estar debidamente asinado, punto 1 (respecto do persoal non contratado especificamente, falta indicar as circunstancias que o xustifican), punto 3 (deben indicar nº de persoas que executan a actividade, dedicación horaria, funcións de cada unha delas...).

2015/032

Concello de Verín

P3208600A

1. Anexo III: punto 1 (falta sistema de selección e preferencia), punto 2 (falta sistema de organización, xestión e seguimento realizado polo persoal do concello e persoa responsable), punto 5 (falta a situación laboral dun dos proxenitores).

2015/030

Concello de Vigo

P3605700H

1. Anexo III: o nº de persoas participantes ten que referirse a menores.

2015/004

Concello de Xinzo de Limia

P3203300C

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Anexo III: punto 1 (persoal non contratado especificamente: falta indicar as circunstancias que o xustifican), punto 5 (discrepancia entre o nº total de persoas participantes e o da súa situación laboral).

2015/003

Concello de Xove

P2702500F

1. Falta o número de conta bancaria.
2. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
3. Anexo III: punto 5 (discrepancia entre o nº total de proxenitores que melloraron a súa situación persoal ou laboral e o nº total de proxenitores indicado na situación laboral).

2015/005

Concello de Xunqueira de Ambía

P320370D

1. Aclarar nº de persoas participantes en relación co mínimo exixido.
2. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
3. Anexo III: falta completar as epígrafes 1, 3, 4 e 5), punto 8 (completar epígrafe de actividades realizadas, de ser o caso).

2015/015

Concello do Carballiño

P3202000J

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.

2015/031

Concello do Grove

P3602200B

1. Falta indicar o procedemento para que se outorga a representación para asinar a solicitude.
2. Deben reaxustar o custo total da medida ao máximo de 40.000 €.
3. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
4. Anexo III: debe estar debidamente asinado, punto 7 (indicar vinculación e período de realización), punto 8 (completar epígrafe de actividades realizadas, de ser o caso).

2015/017

Concello do Pereiro de Aguiar

P3205900H

1. Deben reaxustar o custo total da medida ao máximo de 40.000 €.
2. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
3. Anexo III: debe estar debidamente asinado, punto 1 (respecto do persoal non contratado especificamente: falta indicar as circunstancias que o xustifican), punto 7 (o período de realización non se corresponde co período subvencionable).

2015/037

Concello do Saviñao

P2705800G

1. Falta a xustificación de ter presentado a solicitude da validación da medida de conciliación «Programa de conciliación na ludoteca nos meses de verán» nos prazos indicados no artigo 6.4 das bases reguladoras da convocatoria.
2. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
3. Achegar declaración dos ingresos obtidos e/ou previstos pola medida de conciliación.
4. Falta o anexo II, presentar debidamente cuberto e asinado.
5. Anexo III: debe estar debidamente asinado, punto 1 (falta a metodoloxía empregada no desenvolvemento das actividades), punto 5 (o nº de participantes refírese a menores e a situación laboral a un dos proxenitores), punto 7 (faltan os datos).

2015/019

Concello do Valadouro

P2706300G

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal, sen aplicar o 40 %.
2. Anexo III: punto 2 (falta sistema de organización, xestión e seguimento realizado polo persoal do concello), punto 6 (faltan os datos), punto 7 (faltan os datos).

b) Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (SI435A).

Nº expte.

SI435A

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2015/001

Concello da Guarda

P3602300J

1. Anexo III: correctamente cuberto en todas as súas epígrafes e con todas as precisións e indicacións sinaladas, en particular, non cadra o número de persoas participantes indicados das distintas epígrafes nas cales se fai referencia a elas; aclarar o colectivo que participa en cada unha das actuacións; aclarar se a contía solicitada está referida exclusivamente aos custos directos de persoal sen aplicar o 40 %; e no punto 4 deben indicar a tipoloxía dos outros gastos das distintas actuacións (outros gastos directos e/ou indirectos) artigo 9, epígrafes 1.b) e 2.

2015/007

Concello de Coirós

P1502700F

1. Anexo III: correctamente cuberto en todas as súas epígrafes e con todas as precisións e indicacións sinaladas, en particular, número 5, indicar a desagregación das persoas participantes segundo corresponda.

2015/002

Concello de Oleiros

P1505900I

1. Anexo III: correctamente cuberto en todas as súas epígrafes e con todas as precisións e indicacións sinaladas, en particular: non cadra o número de persoas participantes indicadas das distintas epígrafes nas cales se fai referencia a elas; aclarar o colectivo que participa en cada unha das actuacións, así como o número doutras persoas dependentes delas; aclarar se a contía solicitada está referida exclusivamente aos custos directos de persoal sen aplicar o 40 %.

2. Respecto do persoal propio, aclarar se realiza labores de mera coordinación e seguimento ou tamén inclúe tarefas de atención directa distintas das propias do seu posto de traballo; neste último caso indicar as circunstancias que o xustifican de acordo co artigo 9.1.a).

2015/009

Concello de Ponteareas

P3604200J

1. Anexo III: (non presentado). Debidamente cuberto en todas as súas epígrafes.

2015/006

Concello de Redondela

P3604500C

1. Aclarar a contía solicitada referida exclusivamente aos custos directos de persoal sen aplicar o 40 %;

2. Anexo III: correctamente cuberto en todas as súas epígrafes e con todas as precisións e indicacións sinaladas, en particular, indicar con claridade o colectivo a que vai dirixida a actuación solicitada; deben indicar a tipoloxía dos outros gastos das distintas actuacións (outros gastos directos e/ou indirectos) artigo 9, números 1.b) e 2.

2015/005

Concello de Vigo

P3605700H

1. Anexo III: correctamente cuberto en todas as súas epígrafes e con todas as precisións e indicacións sinaladas, en particular, no número 4, deben indicar a tipoloxía dos outros gastos das distintas actividades (outros gastos directos e/ou indirectos) artigo 9, números 1.b) e 2.

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B).

Nº expte.

SI427B

Solicitante

NIF

Documentación requirida

2015/19

Concello da Coruña

P1503000J

1. Acreditar a representatividade da persoa asinante da solicitude; 2. Anexo II (non presentado); 3. Indicar todos e cada un dos datos exixidos no anexo IV.1 (o presentado está sen cubrir); 4. Anexos IV.2 (os custos reflectidos non se corresponden co custo/hora establecido na convocatoria).

2015/80

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

1. Anexo II (non presentado); 2. Anexo II bis (non presentado); 3. Memoria de aforro de custos.

2015/62

Concello das Pontes de García Rodríguez

P1507100D

1. Acreditar a representatividade da persoa asinante da solicitude; 2. Anexo IV.2 (o número de horas da psicóloga supera o máximo establecido na convocatoria).

2015/76

Concello de Ferrol

P1503700E

1. Anexo II (non presentado); 2. Anexos IV.2 (D/APS: o número de horas supera o máximo establecido na convocatoria; DMZ e AX: os custos reflectidos non se corresponden co custo/hora establecido na convocatoria); 3. Os importes solicitados no anexo I.3 non coinciden cos das fichas individualizadas do persoal.

2015/70

Concello de Lugo

P2702800J

1. Indicar o horario da dirección (non consta no número 2 do anexo IV.1); 2. Aclaración do número de usuarias reflectido na epígrafe 5 do anexo IV.1; 3. Anexo IV.2 (fichas 1 e 2: o número de horas excede o máximo establecido e os custos reflectidos non se corresponden co custo/hora establecido na convocatoria).

2015/72

Concello de Ortigueira

P1506200C

Anexo IV.2 (ficha 2: o número de horas reflectido non coincide co indicado no número 2 do anexo IV.1).

2015/77

Concello de Ponteareas

P3604200J

1. Indicar o número de postos para os que solicita axuda (no anexo I.3 este dato está mal cuberto); 2. Indicar todos e cada un dos datos exixidos no anexo IV.1 (o presentado está sen cubrir); 3. Anexos IV.2 (deben presentar un anexo por cada posto para que se solicita subvención).

2015/81

Concello de Soutomaior

P3605300G

1. Aclaración do número de horas da xornada de D/APS (contradición entre os números 2 e 3 do anexo IV.1); 2. Memoria de aforro de custos.

2015/15

Concello de Teo

P1508300I

Aclaración do número de usuarias indicadas no anexo IV.1.

2015/49

Concello de Vigo

P3605700H

1. Acreditar a representatividade da persoa asinante da solicitude; 2. Anexo II (non presentado); 3. Indicar todos e cada un dos datos exixidos no anexo IV.1 (o presentado está sen cubrir); 4. Anexos IV.2 (deben presentar un anexo por cada posto para que se solicita subvención).

2015/79

Concello de Vilanova de Arousa

P3606100J

1. Indicar o horario de APS (non consta no número 2 do anexo IV.1); 2. Indicar todos e cada un dos datos exixidos nos números 3 e 6 do anexo IV.1 (no presentado están sen cubrir); 3. Anexo IV.2 (ficha 2: o número de horas excede o máximo establecido e os custos reflectidos non se corresponden co custo/hora establecido na convocatoria).

2015/74

Mancomunidade de Concellos Santa Águeda

P3200027E

Anexo II (debidamente asinado).