O día 5 de outubro de 2015 o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, tentada a práctica da notificación á persoa interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro, e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro), procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
De conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes. Debido a que a eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), o dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ao desa publicación.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2015
Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior
ANEXO
Expediente: L-9/14.
Interesado: Serafín Vázquez Costa.
DNI/NIF: 33308445Y.
Último enderezo coñecido: rúa Carril das Hortas, 39, 4º B, Lugo.
Data da resolución: 5 de outubro de 2015.
Tipificación e precepto infrinxido: artigo 28.n) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.
Sanción: 18.000,01 euros.