Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44587

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (148/2015).

Execución de títulos xudiciais 148/2015

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 18/2014

Sobre ordinario

Demandante: María Carmen Brea Dono

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandado: Limco, S. Coop. Gallega

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, A Coruña, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 148/2015, por instancia de Mª Carmen Brea Dono, contra a executada Limco, S. Coop. Gallega, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 4 de novembro de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, por importe de 1.526,5 euros de principal, máis 138,49 euros en concepto de xuros de mora, máis 176,85 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015

A secretaria xudicial