Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 13 de novembro de 2015, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R002/109/2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5, en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 13 de novembro de 2015

P.A.
Alejandro Bregua Cousillas
Xefe da Sección da Inspección

ANEXO

Expediente: 15R002/109/2015.

Interesado: Khalid Mehmood «Coruña Móvil».

CIF/NIF: X3972724A.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.