Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44378

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA de notificación de sentenza (RSU 4162/2014-AN).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4162/2014 AN

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 182/2013 do Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Daniel Colino Rollón

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recorrida: Tatiana Lago García

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago sabe que no procedemento de recurso de suplicación 4162/2014-AN desta sección, seguido por instancia de Daniel Colino Rollón contra Tatiana Lago García sobre reclamación de cantidade, foi ditada con data 19 de outubro de 2015 a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto por Daniel Colino Rollón contra a Sentenza do 15 de abril de 2014 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra Tatiana Lago García, a Sala cofírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Tatiana Lago García, en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en r/ Condesa Bárcena, 15, baixo, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza