Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 16 de outubro de 2015 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Bemeso I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Bemeso I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 23 de xuño de 2015, Josefa Rosario Graña Duarte (35261975P), Juan Carlos de la Torre Graña (52490394R), Manuel de la Torre Graña (52490363Q), Martín de la Torre Graña (52491008V) e Beatriz de la Torre Graña (52491009H) solicitaron autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea Bemeso I.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Juan Carlos de la Torre Graña (52490394R), Manuel de la Torre Graña (52490363Q), Martín de la Torre Graña (52491008V) e Beatriz de la Torre Graña (52491009-H), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Bemeso I.

Situación:

Cuadrícula número: 13.

Polígono: B.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11 de outubro de 1965.

Remate da vixencia: 15 de decembro de 2019.

Actuais titulares: Manuel de la Torre Estévez (35263516P) e Josefa Rosario Graña Duarte (35261975P).

Novos titulares: Juan Carlos de la Torre Graña (52490394R), Manuel de la Torre Graña (52490363Q), Martín de la Torre Graña (52491008V) e Beatriz de la Torre Graña (52491009H).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 16 de outubro de 2015

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo