Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 29 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-044/13.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia deste anuncio queda supedita á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 29 de outubro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-044/13.

Nome: Joaquín Estévez Rocha e Ana María Aller Suárez.

Enderezo: avenida da Concordia, número 103, piso 3, 2º G, 36700 Tui.

Asunto: requirimento de pagamento.

Débeda: 5.544,36 €.

Indicación do contido: de acordo cos artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código civil e a cláusula décimo cuarta do contrato de compravenda, requirímolos para o pagamento de 16 recibos vencidos e non satisfeitos por un importe total de 5.544,36 €, relativos á vivenda que teñen adxudicada en réxime de compravenda con garantía hipotecaria e correspondentes ao período comprendido entre o 2 de maio de 2014 e o 1 de agosto de 2015, ambos os dous incluídos.

De acordo coas obrigacións dimanantes do contrato, co artigo 82 da Lei 2/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e co artigo 84 da LRXPAC, concédeselles un prazo de quince (15) días hábiles para que se poñan ao día nas súas obrigacións e procedan ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presenten en trámite de audiencia nesta área provincial co fin de achegar os documentos ou xustificacións que consideren convenientes.

Advertímoslles que, no caso de non atender este requirimento, procederase á resolución do contrato co consecuente lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.