Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44341

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2015 de cesamento e nomeamento de membros do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense.

A Secretaría do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia enviou, o 10.11.2015, un escrito á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade no cal comunica o cesamento por petición propia dunha persoa membro dese comité e un novo nomeamento no seu lugar.

Antecedentes.

Mediante a Resolución do 21 de xaneiro de 2014, que se publicou no DOG número 22, do 3 de febreiro, concedeuse a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense, estableceuse a súa sede e nomeáronse como membros as persoas que se relacionaban no seu anexo.

Consideracións legais e técnicas.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, regula os comités territoriais de ética da investigación. No relativo á súa composición, o artigo 9.5 sinala que «os membros destes comités serán designados/as e nomeados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, garantindo en todo caso a representación equilibrada de homes e mulleres».

Pola súa banda, o número 6 do artigo 9 do citado Decreto 63/2013, do 11 de abril, dispón que «o nomeamento efectuarase por un período coincidente co de vixencia da acreditación do comité, aínda que poderá ser revogado ben por solicitude de baixa da persoa interesada, ben por se teren modificado as circunstancias que motivaron a súa designación de modo que supoña a perda dos requisitos para integrar o comité, ou por incumprimento notorio das súas funcións, ao criterio do comité, e logo de audiencia do interesado».

Logo de ver o que se expuxo, e de acordo coa proposta que efectuou a Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Revogar o nomeamento de María Belén Baltar Trabazo, por solicitude dela, como membro do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense.

Así mesmo, nomear a Patricia Iglesias López, licenciada en Dereito, da Xefatura da Consellería de Sanidade en Pontevedra, coa finalidade de manter os requisitos para a acreditación dese comité.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2015

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade