Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44329

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muxía

ANUNCIO de información pública sobre o Plan xeral de ordenación municipal.

De acordo co establecido no artigo 85 da LOUGA, o Plan xeral de ordenación municipal de Muxía, aprobado provisionalmente polo Pleno en sesión do 5.12.2014 e adaptacións en sesión do 24.7.2015, queda sometido a información pública durante o prazo de dous (2) meses mediante anuncio no DOG, no taboleiro de edictos e en dous xornais, La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

Durante o dito prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e xornais (último deles), as persoas interesadas poderán consultar o expediente nas oficinas municipais e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Muxía, 13 de novembro de 2015

Félix Porto Serantes
Alcalde