Expediente: IN407A 2015/273-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento CT Coiradas.
Concello: Outes.
Características técnicas:
Liña eléctrica subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,012 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS TA2 809 (expediente 137/09), no tramo entre a derivada ao CT Barreira (expediente 272/98) e o CT rúa Agro das Mozas (expediente 230/08), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, e final no novo CT Coiradas proxectado.
Novo centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 27 de outubro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña