Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Teresa Brañas Pérez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 518/2015 (procedemento abreviado), interposto por María Teresa Brañas Pérez fronte á Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 13 de xullo de 2015, que desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 7 de maio de 2015 (DOG núm. 92, do 19 de maio), da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (categoría: médico de familia).

A recorrente discrepa da puntuación obtida na epígrafe doutras actividades.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos