Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 44070

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 13 de outubro de 2015, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de licenza de actividades para mecanización de pezas en Romeu 45 (Coruxo) (expediente 38736/422).

Hermanos Alfaro, S.L. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenza de actividade para mecanización de pezas que se situará en Romeu (Coruxo) (CM) nº 45 (expediente 38736/422).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente á información pública por un prazo de vinte días, mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina do Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta -1 do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei 4, Vigo).

Vigo, 13 de outubro de 2015

P.D. (Resolución 6.7.2015)
Mª José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo