Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 43973

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (555/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 555/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Digna Laguna Fariña contra Andaina Servizos Sociais, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por María Digna Laguna Fariña contra Andaina Servizos Sociais, S.L., debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir a suma de 1.606,49 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza e, en consecuencia, debo condenar e condeno a mercantil demandada a se ater a esta declaración e a lle aboar á demandante a suma de 1.606,49 euros por tales conceptos, máis os xuros do artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, calculados desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Andaina Servizos Sociais, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2015

A secretaria xudicial