Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 44034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de outubro de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación e o prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/72/2015-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren as destinatarias ausentes na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución do director, acordou o día 8 de setembro de 2015, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Areamilla, Balea, termo municipal de Cangas (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Caroline Schriber, Marta Pintos Soliño e Ana Pintos Soliño, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles ás interesadas o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás interesadas que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación ás interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística